O 15 DE XULLO ASAJA IMPARTIRÁ A XORNADA ‘EMPRENDEDORAS EN EL SECTOR RURAL’
A Asociación Agraria de Jóvenes Agricultores, ASAJA, impartirá en A Rúa a xornada ‘Emprender en el rural: Una apuesta por el empoderamiento de las mujeres’, financiada íntegramente polo Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación.
Nesta xornada gratuita desenrolarán actividades destinadas a analizar, valorar e obter máis información sobre o importante papel das mulleres no sector rural.
📍Sala multiusos do Centro Cultural Avenida
🗓Venres, 15 de xullo de 2022
🕢De 16:30 a 21:30h
📞Xa podes inscribirte chamando ao 643958844
Os concertos de ‘Guadi Galego’ e ‘Os d’Abaixo’ chegan á Rúa este domingo no marco do Ciclo Xacobeo No Interior
Este domingo, poñendo o broche de ouro a unha fin de semana de celebración co Carnavrao da Asociación San Cristóbal, chegan á rúa Doctor Vila da Rúa os concertos do Xacobeo No Interior con Os d’Abaixo e Guadi Galego.
Ademais, ás 20:00h, proxéctase o documental ‘Outros Camiños’, de Rubén Riós, no Centro Cultural Avenida.
¡Entrada libre e gratuita!
Mañá abren as piscinas municipais da Rúa con acceso gratuito no primeiro día de tempada de baño
☀️💦⛱🔜
¡Mañá abren as piscinas municipais da Rúa!
🎟 Como primeiro día, contaremos con acceso gratuito. ¡Agardámosvos a partir das 11:00h!
Desculpen as posibles molestias ocasionadas pola demora na apertura.
PUBLICADO BANDO NO QUE SE DETALLAN AS MEDIDAS A CUMPRIR EN CASO DE CELEBRACIÓN DE CACHARELAS OU SARDIÑADAS
Ante a chegada da festividade de San Xoán, publícase bando no que se detallan as medidas que haberán de cumprirse no caso de celebración de cacharelas ou sardiñadas: BANDO SAN XOÁN
A ACTIVIDADE “ENREDANDO TOUR”, DE CRUZ VERMELLA, DESENVOLVERASE EN A RÚA O DÍA 21 DE XUÑO
Cruz Roja Española achega á Rúa o proxecto ‘ENREDANDO TOUR’, unha actividade encamiñada a prestar apoio dixital ás persoas que, aínda máis durante a pandemia, viron incrementadas as súas dificultades para acceder a moitos servizos que esixen coñecementos e medios dixitais dos que non dispoñen.
👉Actividade destinada preferiblemente para maiores de 65 anos.
📣Non dubides en acudir á Praza do Concello o 21 de xuño a partir das 11:00h. Se ti non estás interesado, pode ser que coñezas a alguén ao que poida servirlle de axuda e entretemento.
DO 10 AO 13 DE XUÑO CELÉBRANSE EN FONTEI AS “FESTAS NA HONRA A SAN ANTÓN”, ORGANIZADAS POLA SÚA COMISIÓN DE FESTAS
¡Hoxe comezan as Festas de San Antón, en Fontei!
Contan cunha ampla e variada programación, na que estamos seguros que a Comisión de Festas puxo toda a súa ilusión e esforzo.
Agardamos que sexan uns días de ledicia e diversión para A Rúa e, en especial, para os veciños e veciñas de Fontei.
📌Lembramos que o luns, 13 de xuño de 2022, é día festivo en A Rúa con motivo desta celebración na honra a San Antón.
A XUNTA LOCAL DE SEGURIDADE CELEBRADA O DÍA DE ONTE NO CONCELLO DA RÚA ACORDA A ADHESIÓN DA POLICÍA LOCAL AO PROTOCOLO DE VIOGEN
O Subdelegado do Goberno en Ourense, Emilio González Afonso, desprazouse onte ao Concello da Rúa para copresidir xunto co Alcalde da Rúa, Álvaro José Fernández López, a Xunta Local de Seguridade onde se acordou a adhesión da Policía Local ao protocolo de VioGen.
No marco desta Xunta Local de Seguridade, asínaronse ademais os acordos técnicos para establecer o protocolo de coordinación das forzas e corpos de seguridade e Policía Local para a protección das vítimas de violencia de xénero.
A PELÍCULA ‘LIVE IS LIFE: LA GRAN AVENTURA’, DE DANI DE LA TORRE, PROXÉCTASE ESTA FIN DE SEMANA NO CENTRO CULTURAL AVENIDA, COINCIDINDO COA SÚA ESTREA EN CINES
‘LIVE IS LIFE: LA GRAN AVENTURA’, do director monfortino Dani de la Torre, chega ao Centro Cultural Avenida esta próxima fin de semana, coincidindo coa súa estrea nos cines.
Este filme, grabado íntegramente no corazón da Ribeira Sacra e con guión do escritor Albert Espinosa, conta a historia dun grupo de amigos que alá polo verán de 1985 reencóntrase no pobo para vivir as súas vacacións.
💭¿Quen non anhelou algunha vez as aventuras dos veráns no pobo?
🔗Tráiler: https://dai.ly/x8ajlfq