Mámoas, castros e mosaicos romanos, constatan o noso pasado milenario

Non deixes de visitar O Aguillón, un espazo natural onde podes divertirte, practicar deporte ou pasear pola beira do Sil

Servizo ó cidadán

Sede electrónica

Actividades culturais

Últimas noticias

8 DE MARZO. MULLERES NA RÚA.

8 DE MARZO. MULLERES NA RÚA.

O Concello lanza unha web específica para focalizar a campaña do Día da Muller Traballadora. Este ano centrada na muller no comercio local da Rúa. 12 mulleres que rexentan distintos negocios hoxe en activo na Rúa e que representan aos centos de mulleres que teñen...

read more
ENTROIDO 2024

ENTROIDO 2024

Xa estamos ás portas do Entroido un ano máis e no Concello da Rúa temos programado un conxunto de actividades para todas as idades que se alongarán durante toda a fin de semana e até o mércores de cinza. PROGRAMA Sábado 10 de Febreiro Festa infantil. Circo menudo....

read more
AS ENTRADAS DA XV FESTA DO CODILLO SAEN Á VENTA O DOMINGO 21

AS ENTRADAS DA XV FESTA DO CODILLO SAEN Á VENTA O DOMINGO 21

Xa chega a XV edición da Festa do Codillo. Con motivo da súa celebración o Concello da Rúa programa unha fin de semana (a última de xaneiro) chea de actividades. Como vén sendo tradicional o xantar popular desenvolverase no Pavillón Municipal Victorino Núñez no último...

read more

Redes sociais

Domingo, Abril 2nd, 2023 at 6:34p.m.
Domingo, Abril 2nd, 2023 at 6:33p.m.
Domingo, Abril 2nd, 2023 at 6:33p.m.
Domingo, Abril 2nd, 2023 at 4:03p.m.
Domingo, Abril 2nd, 2023 at 4:02p.m.
Domingo, Abril 2nd, 2023 at 4:02p.m.

10 months ago

10 months ago

☀️ ¡Bo domingo!

Nesta mañá recibimos a Asunción Arias e ao equipo que a acompaña e dá apoio nesta iniciativa de dar visibilidade ao Camiño para as persoas con discapacidade.

Facendo ... See more

10 months ago

🦈🙌

10 months ago

👏¡Moita sorte campioas!

Saúdo da Alcaldesa

Benvidas e benvidos á nosa web

Desde o Concello da Rúa puxemos en marcha este espazo en rede que, xunto coa nosa sede electrónica e as nosas RRSS, pretende ser unha xanela de comunicación con todas e todos vós desde a proximidade e a transparencia.

Neste espazo podedes consultar desde a actualidade da actividade municipal até información sobre a nosa cultura, festas, gastronomía, viticultura, patrimonio e servizos.

A nosa situación privilexiada no centro do val do Sil e no decurso do Camiño de Inverno e da Vía Nova, dótanos dun singular atractivo para todas as persoas que ano tras ano nos visitan.

Máis información ›

Número de habitantes

Número de prazas hoteleiras

Número de negocios de hostalaría

Número de comercios

Coñécenos

Legado histórico romano

O asentamento das lexións romanas supuxo un cambio radical en moitos aspectos ligados á vida dos nosos ancestros. Mentres as localizacións castreñas se emprazaban en terreos de alta montaña, os romanos decididiron trasladarse a zonas chairas. Esta decisión fixo proliferar a construción de importantes vías romanas dentro da Península Ibérica, como é o caso da Vía XVIII ou Vía Nova que atravesa A Rúa. Procedente de Braga, este itinerario con dirección Astorga cruzaba Valdeorras de suroeste a noroeste e atravesaba o río Sil pola ponte da Cigarrosa (un dos vestixios máis relevantes da época romana do municipio). A propia Vía XVIII, ao seu paso pola Rúa, é un dos grandes legados históricos dos romanos no noso Concello.

Pero a pegada romana non se detén aí. Unha lápida romana que se conserva na fachada dunha casa na contorna da igrexa de San Estevo, na Rúa Vella, é outro dos vestixios desta época. A lápida, que data dos séculos I ou II do tempo da ocupación romana, está dedicada a Lucio Pompeyo Reburro Fabro e foi achada preto da ponte da Cigarrosa no século XVII. Trátase dunha das pezas máis singulares do patrimonio arqueolóxico da Rúa e constitúe unha evidencia máis do rico legado histórico do municipio.

Turismo: Camiño de inverno

O Camiño de Inverno é un dos itinerarios xacobeos menos coñecidos polo gran público. Porén, grazas ao esforzo institucional conxunto entre diferentes administracións cada vez goza dunha meirande proxección. Trátase dun roteiro que é porta de entrada natural a Galicia dende a meseta e representaba un acceso xa empregado na época dos romanos.

Os historiadores cren que puido orixinarse como unha alternativa en época invernal ao trazado dos cumios nevados do Cebreiro, por onde se adentra na nosa comunidade o Camiño Francés.

Arrincando en Ponferrada, o Camiño de Inverno atravesa ao longo de máis de 200 quilómetros diferentes puntos de Galicia ata chegar a Compostela. Entre estes puntos, destaca o seu paso por toda a comarca ourensá de Valdeorras e especialmente polo Concello da Rúa.

O Camiño de Inverno penetra na vila polo barrio de San Roque. Os viaxeiros chegan ao noso municipio polo tramo alternativo seguro que enlaza Vilamartín e A Rúa, no que gozan dunhas vistas e uns paraxes privilexiados, deixando unha fermosa ermida a súa esquerda para proseguiren, seguindo o curso da ruta, polo barrio vello da Rúa ata abandonar o municipio para entrar na seguinte etapa, ata Quiroga (Lugo).

Vide: viticultura e adegas

A Rúa é un dos municipios que conforman o territorio amparado de Valdeorras, unha das cinco denominacións de orixe vinícolas de Galicia. Xa dende a época romana se cultivaba viño no territorio do actual concello que, na actualidade, conta con 14 das adegas máis representativas desta D. O. e cunha das cooperativas máis emblemáticas da zona.

Bodegas de corte familiar súmanse na Rúa a outras de carácter máis industrial. O bo facer dos seus adegueiros, xunto ao dos viticultores e enólogos fan posible que o noso municipio produza viños dunha altísima calidade, algúns dos cales están considerados pequenos tesouros ao acadaren as máis altas cotas de puntuación na Guía Parker (a “Biblia dos viños”).

O río Sil orixina un val cun marcado carácter asimétrico que se compón, na súa marxe dereita –esencialmente no municipio da Rúa– por ladeiras máis suaves. Un tipo de chan que, unido a un clima seco mesturado coa meteoroloxía típica atlántica, confire aos viños do noso municipio uns trazos distintivos únicos que os singularizan fronte a outros producidos na mesma D. O. e tamén noutros puntos de Galicia e España.

Proposta cultural e festividades

A Rúa caracterízase por posuír unha das axendas de ocio, lecer e festivas máis dinámicas da comarca de Valdeorras. Celebracións todas elas que gozan dunha gran participación cidadá. E é que na Rúa hai algo que celebrar practicamente en calquera época do ano: o Entroido, coma no resto da provincia de Ourense, é unhas das celebracións con máis peso na época invernal, pero tamén son especialmente importantes as “Festas de Verán”, que se celebran a comezos do mes de agosto.

Non hai que esquecer as tradicionais festas patronais de San Antón, San Xoán, a Virxe do Carme, San Roque ou San Lourenzo e outras festas moi relevantes que xiran arredor de produtos gastronómicos típicos do municipio: a Festa do Codillo, en xaneiro; o Magosto, en outono; ou a Festa da Empanada de Costrelas, en decembro.

Ao tempo, cómpre salientar un dos máis recentes acontecementos festivos da Rúa, que se incorporou ao calendario de ocio do municipio en 2014: a “Bacofesta”, unha feira romano-gastronómica que quere poñer en valor de xeito conxunto a historia, os viños e a gastronomía do concello e da comarca, homenaxeando tamén as orixes romanas da vila. Finalmente, cómpre salientar a feira que ten lugar na Rúa o día 7 de cada mes e tamén a tradicional feira de San Andrés, que se celebra cada 30 de novembro.