“El extraordinario viaje de T.S. Spivet” será a película desta Semana Santa no Centro Cultural Avenida
Dende o Xoves Santo ata o luns 6 de abril poderedes disfrutar no Centro Cultural Avenida dunha fantástica película de aventuras: “El extraordinario viaje de T.S. Spivet”. Este film, dirixido por Jean-Pierre Jeunet e protagonizado por Helena Bonham Carter e Judy Davis, é a adaptación cinematográfica da novela “Las obras escogidas de T.S. Spivet” de Reif Larsen.
Os alumnos do Colexio Manuel Respino comezaron esta mañá a reforestación da zona da Reza
Os alumnos do colexio Manuel Respino da Rúa prantaron esta mañá 30 árbores na zona da Reza, como primeiro paso para a reforestación desta parte da ribeira do Sil.
Dentro dos actos de celebración do Día Internacional dos Bosques que tivo lugar o pasado sábado, os nenos foron os encargados de colocar na marxe dereita do río tres decenas de bidueiras, abeleiras e freixos, especies moito máis apropiadas para zonas de ribeira que os chopos que foron talados hai unhas semanas debido o mal estado no que se atopaban os seus
Nebraska, unha das comedias máis aclamadas dos últimos anos, no Centro Cultural Avenida
Este fin de semana poderedes disfrutar no Centro Cultural Avenida da Rúa dunha das comedias máis aclamadas pola crítica especializada. O film, nominado á mellor película no Festival de Cannes, nos Globos de Oro e nos Oscars; está dirixido por Alexander Payne e protagonizado por Bruce Dern (que gañou o premio ó mellor actor en Cannes por esta interpretación) e Will Forte.
A UNED impartirá en abril 2 cursos na Rúa sobre os problemas na adolecencia e o Xeodestino Manzaneda-Trevinca
A UNED impartirá en abril dous interesantísimos cursos no Colexio Manuel Respino da Rúa. O primeiro deles será sobre turismo e se titula “Xeoturismo e economía: o exemplo do Xeodestino 12, Manzaneda-Trevinca”. Se impartirá o venres 10 de abril pola tarde e o sábado 11 pola mañá. O segundo, que terá lugar o seguinte fin de semana, se centrará nos problemas dos adolescentes: “Educación para a saúde: alteracións e prevención en adolescentes”.
Os dous cursos son de dez horas e concederán un crédito de libre elección para os alumnos da UNED. Tódolos interesados na realización dos
Sesión dobre de cine para festexar o Día do Pai: Diplomacia e Los pingüinos de Madagascar
Este fin de semana, aproveitando a ponte do Día do Pai, haberá sesión dobre de cine no Centro Cultural Avenida. Dende este xoves 19 ata o luns 23, poderedes disfrutar da última película de animación da factoría DreamWorks, “Los pingüinos de Madagascar”, e de “Diplomacia”, un intenso film que nos conta unha historia real sucedida no transcurso dos derradeiros días da ocupación alemana de París. Está dirixido por Volker Schlöndorff e protagonizado por Niels Arestrup e André Dussollier.
Vide a anima-lo C.D. Rúa este domingo ó Aguillón
Este fin de semana poderedes disfrutar de tres partidos do C.D. Rúa no Aguillón. Para comezar, e aproveitando que é festivo, este venres 20, ás 16:30 horas, os xuvenís se enfrentarán ó Pabellón.
O domingo teremos unha sesión dobre. Ás 11:30 os cadetes xogarán contra o Velle e, ás 16:30, o equipo de Primeira Autonómica enfrentarase á S.D. Melias nun encontro transcendental para asegura-la permanencia na categoría.
Por outra parte, os cadetes tamén xogarán este venres 20 o “Derbi valdeorrés” frente ó C.D. Barco. Se
O 21 de marzo, Día Mundial dos Bosques, realizarase unha repoboación de árbores na Reza
Técnicos da Consellería de Medio Rural do Distrito do Barco visitaron onte A Reza e a ribeira do río Sil. Nos vindeiros días van realizar un estudio para ver que especies de árbores son as máis axeitadas para esa zona, e en que lugares se deberían prantar.
O seu obxectivo é realizar unha repoboación de árbores o 21 de marzo, a xornada declarada en 1971 pola Organización das Nacións Unidas para a Agricultura e a Alimentación (FAO) como”O Día Mundial dos Bosques”.
Por outra parte, tamén debemos destacar
Este xoves presentouse a Gala de Humor da Campaña Sonrisas&Vidas
Este xoves presentouse no Concello da Rúa a Gala de Humor incluida na Campaña Sonrisas&Vidas contra o cancro infantil, a favor da Asociación Alba Pérez.
A Gala conta cun gran cartel, formado por J.J. Vaquero (El Hormiguero, Paramount Comedy…), Isabel Risco (Premio Mestre Mateo), Andrés Campelo e Paquito Caballero (premios nacionales de monólogos) e Nairim, O Aprendiz de Mago.
O evento terá lugar o próximo día 2 de abril no Edificio Multiusos da Rúa e o prezo da entrada é de só 11 euros con consumición incluida (lata de refresco, cervexa ou auga), dez dos cales irán para a asociación.
Entradas á