EXENCIÓN NO CANON DA AUGA E COEFICIENTE DE VERTEDURA PARA DETERMINADOS SECTORES A CAUSA DOS EFECTOS DO COVID-19

Como medida excepcional para paliar os efectos da covid-19 en determinados sectores, a Xunta establece na Lei 4/2021, de 28 de xaneiro, unha nova exención aplicable ao canon da auga e ao coeficiente de vertedura.
-ESTABLECEMENTOS BENEFICIARIOS:
a) Establecementos de restauración, salóns de banquete, cafetarías e bares.
b) Establecementos de lecer e entretemento: salas de festas, pubs, cafés espectáculo e furanchos.
c) Hoteis e aloxamentos turísticos.
d)Albergues turísticos.
-REQUISITOS:
Debe tratarse de consumos de auga correspondentes aos períodos de facturación comprendidos entre o 5 de novembro de 2020 e ata a data na que se levante a declaración de situación de emerxencia sanitaria de interese galego.
Que o establecemento diminuíse significativamente a súa actividade nese período.
*Cando dispoñan de contador de auga, entenderase producida diminución significativa da actividade cando no período os consumos de auga sexan iguais ou inferiores ao 25% do consumo realizado dentro do período de facturación inmediato anterior ao 5 de novembro de 2020.
*Cando non dispoñan de contador de auga que permita determinar a variación de consumo por este medio, a diminución deberá acreditarse por rexistros de aloxamentos, dos servizos efectivamente realizados ou do consumo eléctrico do que se desprenda unha diminución da actividade no período de vixencia da exención de, polo menos, o 75% respecto da actividade anterior ó 5 de novembro.

-FORMA E LUGAR DE PRESENTACIÓN DA SOLICITUDE:
Os contribuíntes do canon da auga e/ou coeficiente de vertedura pertencentes a algunha das actividades beneficiarias, poderán solicitar a exención mediante o modelo AU231C) recollido no anexo I da Resolución de 17 de febreiro de 2021: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210219/AnuncioO143-180221-0001_es.pdf
As solicitudes se presentarán preferiblemente por vía electrónica a través do modelo normalizado mediante a sede electrónica da Xunta (https://sede.xunta.gal)
A presentación electrónica será obligatoria para as administracións públicas, as persoas xurídicas, as entidades sen personalidade xurídica, as persoas traballadoras autónomas e as persoas representantes de algunha das anteriores.

Ademais, as solicitudes poderán presentarse ante a entidade subministradora, a través do anexo de esta resolución e polos medios que teña establecidos.

Descargar PDF