ENTROIDO 2020 – A RÚA

Publicamos a programación do Entroido 2020 en A Rúa.

Este ano celebramos o GRAN DESFILE DE COMPARSAS o sábado 22 de febreiro, con saída ás 17:30 horas da Cooperativa. Ao remate do desfile se procederá á entrega das axudas. O prazo para inscribir as comparsas remata o venres 21 de febreiro ás 13:00 horas.

O martes 25 de febreiro será a “FESTA DE ENTROIDO INFANTIL” a partir das 16:00 horas na Rúa Doctor Vila, no que contaremos con inchables, obradoiros de entroido, doces e música para desfrute dos máis pequenos.

E, para rematar o Entroido, o mércores 26 levarase a cabo o tradicional “ENTERRO DA SARDIÑA” no atrio de A Rúa Vella ás 20:00 horas. O percorrido chegará ata a Praza César Conti.

A continuación, publicamos as bases reguladoras do ENTROIDO 2020, a programación e as axudas ás comparsas e ós folións.

BASES ENTROIDO A RÚA 2020

ENTROIDO 2020DESFILE DE COMPARSAS 2020

Descargar PDF