CONFERENCIAS E “GALA PREMIO DE POESÍA FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN”

Este mes vén cargado de actividades do Proxecto "As Letras de Florencio", co que colabora este Concello. Daremos comezo ás actividades cun Ciclo de Conferencias que abriremos en Córgomo este venres día 15 na Adega D'Berna ás 20:30 h. Este ano os conferenciantes serán Xosé Manoel Rodríguez, representante da Fundación Carlos Velo, Sechu Sende, escritor, e Concepción Álvarez Pousa, lingüista e investigadora.
 
O sábado, 16 de novembro, ás 20:30 h, no Teatro Lauro Olmo de O Barco, farase entrega do Premio de Poesía desta segunda edición de 2019. A Gala estará presentada por AldaoLadoBarato, ou, o que é o mesmo, Lucía Aldao, María Lado e Xosé Barato, nun espectáculo con moitos versos, música e aires mexicanos.
cartelgalapoesíaCONFERENCIAS 2019
Descargar PDF