“O MAGO DE OZ” no Centro Cultural Avenida

Este domingo 27 de outubro, ás 17:00 h., contaremos coa comedia musical “O MAGO DE OZ”.
Unha adaptación teatral da clásica película “O mago de Oz” con música e cancións orixinais.

Trátase dun espectáculo para toda a familia. Dorothy, a protagonista, é levada por un tornado á fantástica terra de Oz, onde viven seres máxicos. Alí comezará unha aventura en busca do Mago para voltar a súa casa.

 O Mago de Oz

Descargar PDF