“ROSA CARAMELO E OUTRAS HISTORIAS” no Centro Cultural Avenida

Esta fin de semana, ademáis de reiniciar a proxección de cine, o domingo 6 ás 17:00 horas contaremos tamén coa obra teatral chamada "Rosa Caramelo e outras historias". Trátase dunha actividade pertencente ao programa de dinamización lingüística FalaRedes 2019.
A entrada é GRATUITA e o espectáculo está dirixido ao público infantil (idade entre catro e oito anos).

"Rosa Caramelo é unha proposta escénica, protagonizada por Fernando Fraga e Artur Trillo, de gran calidade artística e lingüística, que aborda roles e estereotipos de xénero para traballar valores como a liberdade ou a igualdade, a través dunha montaxe de catro historias nas que se combinan as palabras coa música en directo".

ROSA CARAMELO

Descargar PDF