PRIMEIRAS MEDIDAS RESTRITIVAS NO ABASTECEMENTO ANTE A ESCASEZA DE AUGA

augaNo pasado mes de Abril este Concello publicou un bando alertando sobre a grave situación de escaseza no abastecemento de auga que podíamos vivir este verán debido á seca padecida durante este inverno e primavera.

A realidade está a cumprir as peores previsións e neste momento xa temos que tomar as primeiras medidas para tentar evitar a posibilidade de facer restricións horarias no uso de auga. Reiteramos que evitar esas posíbeis restricións require da colaboración de toda a veciñanza. É importante para todas e todos reducir os niveis de consumo aos necesarios para satisfacer as necesidades de uso doméstico.

Por todo o anterior:

  • O Concello cortará a auga de todas as fontes públicas alimentadas pola auga da traída municipal até que a situación se estabilice: San Roque, Porto da Costa, O Santo, O Rouso e Praza Galicia.
  • O Concello revisará as pautas de regado de hortas e xardíns así como de enchido de piscinas particulares para detectar malos usos e aplicar as sancións precisas en caso de que se estea usando a auga do abastecemento público.
  • En todo caso queremos lembrar que está PROHIBIDO USAR A AUGA DA TRAÍDA durante o período estival para: lavado de vehículos, rego de xardíns e hortas, enchido de piscinas, depósitos de auga para rego e análogos.

       

Descargar PDF