CLAUSURA DAS VIII XORNADAS DE TEATRO DA RÚA

O obradoiro de teatro de PRODEME (de Monforte de Lemos) chega este sábado 10 de Xuño ao Centro Cultural Avenida co seu espectáculo "Diñeiro B". Con esta representación, que terá lugar ás 18:00 horas, péchase a programación das VIII Xornadas de Teatro que, coa colaboración do Concello da Rúa, levou a escena a Agrupación Teatral A Ruada neste 2017.

Sinopse:
Traballas durante toda a túa vida nunha oficina bancaria... Sempre fas o que che mandan sen queixarte, currando máis da conta...
Estás vendo como os teus xefes arruínan o banco e se fan ricos....
De súpeto, un día atópaste cun maletín cheo de diñeiro... Millóns de Euros....!! Diñeiro da mafia...!!
¿ Que farías ?

Reparto ( por orde de aparición):

Cándida: Fátima Afonso Martíns
Ruso: Juan A. Agrelo Escudero
Nati: Natalia Bargados López
Javier: Manuel Besteiro Rodríguez
Inspector Mellado: Javier Cortiñas Paredes
Veciña: Lourdes Ferrero Álvarez
Luis: Pedro Fonseca Teigeiro
Inspectora Gutierrez: Eva Mª López Fernández
Inspector Adolfo Ríos: Juan Mirón Rua
Lucía: Lucía Montero García
Fiti: Diego Pérez Creo
Rosa: Elena Rodríguez Gay
Pablo: Dulce Rodríguez Álvarez
Adaptación, Atrezzo, Decorados, Iluminación, Vestiario e Son:
Persoal Técnico Asociación Prodeme.

Descargar PDF