BANDO DE ALCALDÍA: USO RESPONSÁBEL DA AUGA

O noso concello atópase nunha situación que anuncia a probábel escaseza de auga nas próximas datas por motivos relacionados coa seca que estamos a padecer pola falta de chuvias.

Por ese motivo temos que tentar limitar o uso da auga, o que require da colaboración de toda a veciñanza para racionalizar o seu uso. É importante para todas e todos reducir os niveis de consumo aos necesarios para satisfacer as necesidades de uso doméstico co obxectivo de tentar evitar ter que realizar cortes nocturnos durante o mes de Agosto.

Por todo isto queremos lembrar que está PROHIBIDO USAR A AUGA DA TRAÍDA durante o período estival para: lavado de vehículos, rego de xardíns e hortas, enchido de piscinas, depósitos de auga para rego e análogos.

      

Trátase dunha medida que tenta aliviar os serios problemas de escaseza de auga que podemos ter que afrontar este verán e que require da colaboración de toda a veciñanza.

Descargar PDF