ARRANCA A SEGUNDA EDICIÓN DA “TERRA MÁXICA”

CARTAZ_terra máxica_17(concello)Por segundo ano consecutivo chega ao Centro Cultural Avenida o Festival de Maxia de Ourense "Terra Máxica", que levará a ilusión, os contos e a fantasía a cinco concellos do interior do país. Na Rúa as actividades arrancan o domingo 2 de Abril ás 18:00 horas co espectáculo "Ledicias" do Mago Paco. O domingo 9 á mesma hora o Mago Teto presenta as súas Tolemaxias e o domingo 23 Dani García pechará as xornadas coa "Volta á maxia". O programa do festival complétase cunha charla de acceso libre o domingo 9 ás 12:00 horas onde o Mago Teto analisará "A incríbel Historia da Maxia".

Terra Máxica é unha proposta para conformar un proxecto que procura a posta en valor do noso patrimonio cultural a través de maxia, para dinamizar a vida cultural da Provincia de Ourense. Terra Máxica nace da idea do traballo en rede e cooperativo entre un grupo de entidades municipais da provincia, na procura de suplir eivas na política cultural que administracións superiores non dan ou queren abranguer. Terra Máxica vén demostrar que outra forma de facer e organizarse a través da dinamización cultural e da formación é posíbel. Por iso, Terra Máxica fai que nos unamos en torno a un proxecto que vertebra as súas programacións e nos achega un plus de calidade, comunicación, visibilidade, rendibilidade e respecto social para optimizar os nosos esforzos. Os Concellos da Rúa, Allariz, Barbadás, Baños de Molgas, Verín e Viana do Bolo son os iniciadores deste proxecto (este 2017 non programa Viana), que chega con ánimo integrador e de expansión coa idea de estender a nosa Terra Máxica polo país en futuras edicións.

Toda a información do festival nesta ligazón: Terra Máxica 2017

Descargar PDF