“XARDÍN DESORDENADO” O DOMINGO ÁS 20:00 NO CENTRO CULTURAL AVENIDA

cartaz A Rúa _ XardínDesordenadoFai algúns invernos, uns músicos de Vigo decidiron percorrer librerías e bibliotecas, á busca de poemas ós que converter en cancións. Logo, reuníanse nunha bufarda de Tirán, onde compartían os poemas elexidos e as súas experiencias musicais. Todos transitaran polo Jazz, aínda que chegados dende diversas procedencias.

Para o proxecto, ao que chamaron Xardín Desordenado, elexiron unha sonoridade acústica e íntima e,
respetando as mensaxes e os climas dos poetas, converteron os textos en swing, blues, bolero, bossa nova…
No ano 2011 aqueles traballos produciron un CD con 16 poemas musicados, que foi presentado ao longo de Galicia e que cruzaría logo ate Arxentina, presentándose en La Feria del Libro e en diversos teatros de Bos Aires.

Aprendendo a ladrar

Fai un tempo, a xente de Xardín Desordenadofocalizou a súa atención no universo feminino, tal vez influidos por determinadas evidencias: dende 1963 designáronse 52 autores no Día das Letras Galegas. Dos 52, únicamente 3 foron mulleres: Rosalía de Castro, Francisca Herrera e María Mariño.
Aos xardineiros gústalles contrapor a ese dato, outra evidencia: a de que hoxe en día a maioría
dos premios poéticos son gañados por mulleres e que son mulleres tamén as que protagonizan maioritariamente os foros poéticos solemnes, ou os recitais dos bares.

O segundo traballo de Xardín Desordenado titúlase “Aprendendo a ladrar” (Sul 2015) e está adicado exclusivamente a mulleres. Desde a
máis veterana Rosalía ata a benxamina Lucía Aldao, os textos das 17 poetas reflicten a evolución (non só poética) da muller nas
últimas décadas; unha aventura histórica que nárrase neste traballo discográfico e nos concertos que o presentarán ao público.

Descargar PDF