“LAVANDEIRAS” TEATRO EN FEMININO CON MOTIVO DO “DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA”

LavandeirasCartazVeroCarlosO domingo 5 de Marzo a partir das 20:00 horas o Centro Cultural Avenida acolle a representación da obra "Lavandeiras" a cargo da compañía Daboapipa. O espectáculo enmárcase dentro do programa de actividades que o Concello da Rúa está a desenvolver con motivo da conmemoración do "Día Internacional da Muller Traballadora" en todo o mundo e que neste ano 2017 inclúe tamén a convocatoria do IIª concurso de fotografía "Olladas de Igualdade".

O oficio das lavandeiras forma parte do noso imaxinario colectivo. As mulleres á beira do río, de xeonllos, fregando a roupa tecen unha estampa que se repetiu ao longo da nosa historia. Ao seu redor, as lendas e os contos arredor deste grupo de mulleres sucédense ao longo da nosa xeografía, tanto física como identitaria. Daboapipa recolle ese patrimonio oral, musícao, dálle forma e agasállallo ao público, descubríndolle os outros relatos que arrodean os lavadoiros. Dende as máxicas e fantasmagóricas lavandeiras enchoupadas en sangue que xurdían da noite traendo malos presaxios até as cancións populares que compoñían de forma colectiva todas estas mulleres. A voz de Vero Rilo e a música de Carlos Quintá enfían estas pezas da nosa historia nun espectáculo único, de diversión e coñecemento, propio para un público adulto con curiosidade polo noso devir como pobo.

Lavandeiras 1 lowFicha artística

Elenco: Vero Rilo, Carlos Quintá
Dirección: Daboapipa
Xéneros: Narración oral
Duración: 55 minutos
Público: Adulto
Tipo espectáculo: Monólogos
Descargar PDF