“VALADOS”. TEATRO PARA @S MÁIS NOV@S NO CENTRO CULTURAL AVENIDA

VALADOSO domingo 26 de Febreiro ás 18:00 horas volve o teatro á Rúa. A compañía Artestudio Teatro trae ao Centro Cultural Avenida a peza "Valados", baseada no libro do mesmo título publicado por Agustín Fernández Paz en Xerais. A obra está recomendada para maiores de 6 anos e nace co obxectivo de traballar os múltiples valores abarcados por Fernández Paz: amizade, compañerismo, lealdade, igualdade, tolerancia, respecto, confianza... e por outra banda discriminación, egoísmo, incomprensión, separación, medo...

Sinopse da peza
Esta é a historia de Helena e Xoel. Da súa fermosa amizade e da súa vila, chea de vida ate que un vento fantasmagórico lle rouba a ledicia e o amor e aproveita as deliciosas diferenzas entre as persoas para convertilas en prexuízos: o medo ao diferente, a desconfianza no veciño... Prexuízos adultos suficientes para erguer un VALADO que parte a cidade en dous, deixando a Helena dun lado e ao Xoel do outro.

A rebeldía, o inxenio e o amor que os unen serán as ferramentas para crear artimañas de comunicación e seguir xuntos, aínda que separados.

Un espectáculo no que a través da música -a máis grande das artes-, a danza -a máis efémera- e o teatro -a máis directa- lanzamos ao ceo un papaventos cunha mensaxe de reflexión, esperanza e insurrección.

Descargar PDF