IIº CONCURSO DE FOTOGRAFÍA “OLLADAS DE IGUALDADE”

OLLADASIGUALDADE2Un ano máis, e con motivo da celebración do 8 de Marzo, Día Internacional da Muller, o Concello da Rúa organiza asegunda edición do concurso de fotografía "Olladas de Igualdade". O obxectivo do certame é visibilizar o traballo da muller tanto o realizado de xeito remunerado como o non remunerado, así como destacar a necesidade da igualdade laboral entre mulleres e homes.

O seis de Marzo é a data límite para presentar orixinais a este concurso. O fallo do xurado darase a coñecer o mesmo 8 de Marzo e cos orixinais presentados realizarase  unha exposición conxunta no Centro Cultural Avenida.

As características técnicas dos traballos a presentar, así como o rango de premios, prazos de envío e demáis datos do concurso están recollidos nas BASES DO CONCURSO. Estas poden ser consultadas no tablón de anuncios do concello e/ou descargadas premendo na seguinte ligazón: BASES IIª EDICIÓN OLLADAS DE IGUALDADE

Descargar PDF