BANDO SOBRE A PROPOSTA DE PECHE DA BILLETEIRA DE ADIF NA RÚA

Ante as recentes informacións en relación coas intencións de ADIF de suprimir o despacho de venda de billetes de tren na estación da Rúa

O CONCELLO INFORMA

  1. Que consideramos a medida totalmente contraria aos intereses da nosa vila, polo que nos oporemos firmemente ao peche de servizo de billeteira a nosa estación de tren.
  2. Que entendemos que é responsabilidade deste Concello loitar polos dereitos de todas as ruesas e rueses ante as contínuas mermas que se teñen levado a cabo desde outras administracións.
  3. Que se convoca a todas as veciñas e veciños que así o desexen a unha xuntanza na Casa do Concello o próximo xoves 2 de Febreiro ás 18:30 horas para estudar accións conxuntas que sirvan para manifestar o noso total rexeitamento ante esta medida así como para tentar reverter a decisión do Administrador de Infraestruturas Ferroviarias.
Descargar PDF