“O Secuestro da Bibliotecaria” o sábado 14 no C.C. Avenida

cartazbibliotecariaO sábado 14 de Xaneiro ás 18:00 horas o Centro Cultural Avenida acolle a estrea d´"O Secuestro da Bibliotecaria". Unha montaxe teatral destinada ao público familiar adaptada por Sarabela a partires dun conto orixinal da autora neozelandesa Margaret Mahy e dirixida por Fina Calleja.

O espectáculo está destinado a un público infantil a partir dos 6 anos.

Sinopse:
A señorita Ernestina é a fermosa bibliotecaria da vila de Parangón. Aínda que é orfa e non ten familiares ricos, os bandidos desta peza decidiron secuestrala. Pretenden xerar un caos cultural que obrigue ás autoridades a pagar polo rescate da bibliotecaria.

Así e todo as intencións desta banda tomarán un novo camiño ao descubrir que a señorita Ernestina os conjtaxiou co virus da varicela. A poucas persoas lles acaen ben os grans na cara, pero para unhs ladróns resulta desastroso. Tomaría vostede en serio a un ladron con graíños?? Pois non, parece ser a resposta máis obvia. Así que os ladróns deben atopar unha solución para o seru problema, pero non teñen nin idea de onde buscala.

Por se fose pouco, un tremor de terra vén a complicarlo todo...

O inxenio e o corazón da bibliotecaria raptada farán virar os acontecementos e traerán novidades importantes para a Biblioteca Municipal e para as vidas dos terribles secuestradores.

Ficha artística:
Compañía: Sarabela Teatro
Elenco: Sabela Gago, Fernando Dacosta, Josito Porto, Alfonso Míguez e Nate Borrajo.
Dirección e dramaturxia: Fina Calleja, baseada no conto de Margaret Mahy.
Público: a partir dos 6 anos
Prezo: 4 € (entrada normal) - 3 € (reducida)

Descargar PDF