AVISO RECOLLIDA DE LIXO

recollidalixoO xoves 3 de Novembro non haberá recollida de lixo no Concello da Rúa por mor dun peche na planta de Sogama.

Lembrarlle a toda a veciñanza que segundo a ordenanza de convivencia cidadá é importante que o lixo se verta nos contenedores a partir das 20:00 horas, non antes, en bolsas pechadas e facendo a separación dos distintos tipos de residuos no contenedor correspondente.

Do mesmo xeito sinalar que os electrodomésticos, colchóns e mobles, cariños de bebé e outro tipo de desperdicios que non corresponden ao lixo ordinario poden ser depositados de xeito gratuíto no Punto Limpo situado no polígono das Pedreiras.

Descargar PDF