NOVAS MEDIDAS EN GALICIA A PARTIR DAS 00:00H DO 19 DE MARZO. A RÚA ESTARÁ EN NIVEL DE RESTRICIÓN MEDIA-BAIXA

A partir das 00:00h deste venres, 19 de marzo, entrarán en vigor novas medidas na Comunidade Autónoma de Galicia.
No caso do noso Concello, ao atoparse entre os concellos de nivel de restrición media-baixa, estas serían, a modo de resumo, as medidas que nos afectarán:
•Continúa a limitación da mobilidade nocturna das 22:00 ás 06:00 horas (medida xeral para toda Galicia)
•Continúa a limitación de entrada e saída de persoas do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.
*Ademais, no Acordo do Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde establécese o peche perimetral de todas as comunidades autónomas, coas excepcións reguladas, con motivo das festividades de San Xosé e Semana Santa.
• Limitación de permanencia de grupos de persoas a un máximo de catro en espazos pechados de uso público e de seis en espazos abertos ou ao aire libre de uso público.
• Limitación de grupos de persoas so conviventes no caso de espazos privados. (Medida acordada polo Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde)
• Hostalería: Nas terrazas, increméntase ata o 75% da capacidade máxima permitida e no caso do servizo en interior a ocupación máxima será do 50%. (Aténdase ao Plan da hostalaría segura para o cálculo das ocupacións e aplicación de medidas específicas)
O horario de peche será ás 21:00 horas. Non obstante, poderán prestar servizos de recollida no local e consumo a domicilio ata as 21:30 horas, ou ben servizo de entrega a domicilio. O servizo de entrega a domicilio poderá prestarse ata as 24:00 horas.
• Instalacións deportivas, culturais e lugares de culto: Increméntase o aforo ata o 50% da súa capacidade máxima permitida.
📋 Recoméndase acceder á normativa para obter toda a información con detalle:
📌 #DOG
https://www.xunta.gal/.../2591/AnuncioC3B0-170321-1_gl.pdf
https://www.xunta.gal/.../2591/AnuncioC3K1-170321-3_gl.pdf
📌 #BOE
https://www.boe.es/.../2021/03/12/pdfs/BOE-A-2021-3841.pdf

Descargar PDF