ACTUACIÓNS DE LOITA CONTRA AS ENFERMIDADES DO CASTIÑEIRO NO 2020

De acordo co Plan de actuacións de loita contra as enfermidades do castiñeiro no 2020, a Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia propón a posibilidade de participar nun tratamento experimental de distribución de cepas hipovirulentas para combater a enfermidade do castiñeiro.

Se queredes saber máis sobre ese tratamento neste enlace poderedes atopar tanto o Plan de actuacións como o modelo de solicitude que debe ser cuberto: https://mediorural.xunta.gal/areas/forestal/silvicultura/sanidade_forestal/tratamentos_contra_as_pragas_e_enfermidades_dos_castineiros/